Nizan, Paul

Nizan, Paul

Escritor francés. Na École Normale Supérieure de París (1924) coñeceu a Jean P. Sartre, con quen mantivo unha estreita relación. Membro do Partido Comunista (1927-1939), foi un dos intelectuais franceses máis destacados da súa época. É autor dos ensaios Aden Arabie (1932) e Chronique de septembre (1939), e das novelas Le cheval de Troie (1935) e La conspiration (1938).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tours

  • Deceso

    Lugar : Audruicq