Nobel, Alfred Bernhard

Nobel, Alfred Bernhard

Químico e industrial. Ocupouse da dirección das fábricas de armas e explosivos que fundou o seu pai en Peterburgo, Estocolmo, Krummel e Winterviken. Os procecementos que adoptou para mellorar o rendemento e a seguridade da nitroglicerina levárono ao descubrimento da dinamita (1866) e da xelatina (1875), e máis tarde ao da pólvora sen fume ou pólvora balística (1888). Enriquecido pola venda das patentes dos seus explosivos, que fixeron máis devastadoras as guerras, quixo compensar o mal que involuntariamente lle fixera á humanidade coa institución dos Premios Nobel.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Estocolmo

  • Deceso

    Lugar : San Remo