Nobile, Umberto
Nobile, Umberto
Enxeñeiro e aeronauta italiano. Dirixiu a parte técnica da industria aeronáutica italiana durante a Primeira Guerra Mundial. Formou parte da primeira expedición polar efectuada con dirixible, que voou sobre o Polo Norte, con R. Amundsen, no mes de maio de 1926. Noutra viaxe (1928), o seu dirixible estrelouse no Ártico e foi rescatado despois de longas peripecias.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Avellino -
Deceso
Lugar : Roma