nobiliario -ria
nobiliario -ria
(
-
adx
Relativo ou pertencente á nobreza ou aos nobres.
-
s
m
[HIST]
Texto de intención historiográfica que aspira a consignar as xenealoxías de liñaxes nobres dun país determinado e outros datos que nel se refiren. Na fin do s XV, ao tornarse a nobreza unha clase máis pechada fronte á burguesía, tentouse fixar e regular a súa nómina, como tamén o brasón. Así, orixináronse os nobiliarios, os armoriais e os tratados de heráldica.