Noche, La
Noche, La
Semanario editado en Vigo a partir de xullo de 1915. Nos seus artigos incluíu información xeral da cidade olívica, así como do movemento agrario e da situación política en España. No apartado cultural, cómpre salientar os artigos sobre os Xogos Florais celebrados no teatro Tamberlick, patrocinados por Xoán Barcia Caballero, e a festa en honor da Virxe da Roca. No apartado gráfico, incluíu imaxes de Pacheco, Sarabia, Ksado ou Granada.