Nogueira, torre de

Nogueira, torre de

Construción situada en Coristanco. Edificárona probablemente a finais da Idade Media ou inicios do s XVI, cando se formou o señorío de Nogueira. Antigamente tiña dúas torres unidas por unha vivenda. Presenta unha torre de planta cadrada e un corpo en forma de L, unido á escaleira da torre, con muros grosos de cantaría de granito, rematados en cornixa. A porta principal dá ao N. No interior da horta houbo unha capela dedicada a San Roque cunha ara romana reconvertida en pía de auga. Entre unha casa arrimada ao muro O que serve de vivenda e a torre hai catro pedras armeiras, dúas na torre e dúas na casa cos símbolos dos Moscoso, Bermúdez, Castro, Figueroa e Rioboo. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1949.