Nogueira Pereira, María Xesús
Nogueira Pereira, María Xesús
Filóloga e escritora. Membro do consello de redacción das revistas Dorna, Boletín Galego de Literatura e da colección de poesía Letras de Cal, colaborou no proxecto “Informes de Literatura” do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (1996-2000). Publicou, ademais de diversos estudos de creación literaria, “Os outros feirantes” de Álvaro Cunqueiro (1993) e Álvaro Cunqueiro. Narrativa curta. Antoloxía (1997). A súa creación poética incluíuse en libros de autoría colectiva, como Ao mar de adentro (1989) e Oito e Médio (1989).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Berres, A Estrada