Noguerol Buján, Arturo

Noguerol Buján, Arturo

Xurista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidad de Salamanca (1915). De ideoloxía demoliberal e galeguista, en 1917 cofundou en Ourense, con V. Risco e R. Otero Pedrayo, a revista La Centuria, da que foi administrador e na que publicou “La Patria”, onde mostrou o seu galeguismo e na que defendeu o uso do galego. Ao ano seguinte foi un dos fundadores da Irmandá Rexionalista d’Ourense (1918). Participou nas diversas asembleas nacionalistas e foi un dos fundadores e administrador da revista Nós, da que foi xerente, tendo a revista. Foi secretario de administración local e exerceu no Pereiro de Aguiar, Avión, Rianxo e Serantes. Durante os sucesos revolucionarios de 1934 foi detido acusado de portar unha arma. O 20 de xullo de 1936 levantou as actas de destitución e detención da corporación municipal e días despois foi detido e recluído no castelo de Santo Antón na Coruña. Aínda que demostrou a súa inocencia, non foi liberado e levárono a Ferrol e na noite do 11 ao 12 de setembro de 1936 foi executado á beira da estrada da Coruña a Ferrol. Escribiu diversos artigos, sobre a economía de Galicia e a política seguida polas Irmandades da Fala, para   La Centuria, A Nosa Terra, O Tío Marcos d a Portela e Nós, onde publicou “Notas políticas” en 1930, o seu derradeiro artigo. Escribiu Parolas sobre a propiedá (1918) e diversas poesías en Nós.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ourense

  • Deceso

    Lugar :   A Coruña