Noja
Noja
Municipio de Cantabria, situado ao L da baía de Santoña, entre a ría de Cabo Quejo e a punta do Brusco (2.104 h [2001]). De poboación diseminada, o núcleo do termo é Tregandín. As principais actividades económicas derivan da agricultura, a gandaría e a pesca. É un centro de veraneo.