Nora, Eugenio de

Nora, Eugenio de

Escritor. De nome Eugenio García de Nora, cofundou a revista Espadaña (1944). Poeta de carácter existencial e social, colaborou en moitas revistas da posguerra. Escribiu Cantos al destino (1945), Contemplación del tiempo (1948) e obra lírica que recompilou en Poesía 1939-1964 (1975), ademais do estudo crítico La novela española contemporánea (1898-1960) (1962), en tres partes, co que obtivo o Premio de la Crítica. Recibiu o Premio Boscán de Poesías (1953).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Zacos, León