Noriega Morena, Manuel Antonio

Noriega Morena, Manuel Antonio

Militar e político. Nomeado xefe dos servizos secretos durante o mandato de Omar Torrijos Herrera, en 1981 ascendeu a xefe do Estado Maior. Autoascendeuse a xeneral en 1983 e fíxose co control efectivo do goberno de Panamá (1983-1989), co respaldo de EE UU, aínda que non ocupou a presidencia do país. En 1989 a Asamblea Nacional designouno xefe do goberno, o que provocou que as forzas estadounidenses invadiran Panamá para detelo e trasladalo a Florida. Foi encarcerado en EE UU e condenado en 1992 por tráfico de drogas, branqueo de diñeiro e crime organizado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Panamá