norma

norma

(

  1. s f

    Aquilo que se toma como modelo ou guía por ser o habitual na maioría dos casos.

    Ex: A norma nestes casos é non dar propina.

  2. s f

    Regra ou conxunto de regras ás que se debe ater unha persoa ou cousa para facer algo.

    Ex: Tes que asinar ao final do contrato, esa é a norma.

  3. s f [LING]
    1. Aspecto da linguaxe que introduciu Coseriu partindo da dicotomia de lingua e fala de Saussure. Estableceu a distinción entre sistema, norma e fala. A norma é aquilo do sistema da lingua que se sente como común por todos os falantes. Partindo da fala individual concreta, e nun primeiro grao de abstracción, pódese chegar a coñecer a norma máis comunitaria, os aspectos comúns dos actos lingüísticos considerados nos seus modelos e, de aquí, nun segundo grao de abstracción aspirar a coñecer o sistema da lingua.

    2. Normativa ou disposicións que establecen o uso correcto dunha lingua.

  4. s f [IND]

    Regra que fixa as dimensións, o deseño, a composición e outras características dun obxecto ou dun produto industrial. Tamén pode fixar o proceso de elaboración.

  5. s f [XEOL]

    Composición mineralóxica que tería teoricamente unha rocha magmática se todos os equilibrios químicos se realizasen ao longo dunha cristalización moi lenta.

  6. norma dun vector [MAT]

    Lonxitude dun vector, nos espazos vectoriais de dimensión 1, 2 ou 3 (recta, plano, espazo ordinario). Se o vector está determinado polas súas compoñentes nun sistema de coordenadas ortonormais (eixes perpendiculares e unidades iguais sobre cada eixe), a norma do vector v = (x 1 , x 2 , x 3 )


    FORMULA


                                            ___________
    exprésase así: RvR = √x 2 1 + x 2 2 + x 2 3 . Por medio
                                                                                                                        ______
    do produto escalar, é RvR = √v · v.Desta maneira a noción de norma esténdese a espazos vectoriais de calquera dimensión, finita ou infinita. A norma ten as propiedades da distancia, é dicir, é positiva ou nula e satisfai a desigualdade triangular, Rv+ wR 8 RvR + RwR. OBS: Tamén se denomina módulo dun vector.

  7. norma permisiva [DER]

    Lei que impón tolerar que outros fagan algunha cousa.

  8. norma xurídica [DER]

    Regra de conduta emanada de quen está lexitimado para ditala, garantida polo poder coercitivo do estado, que pode impoñer coactivamente o seu cumprimento e sancionar o incumprimento.

Palabras veciñas

Noril’sk | norita | norleucina | norma | Norma | Norma | Norma