Norma
Norma
[MÚS]
Ópera de Vincenzzo Bellini en dous actos, con libreto de Felice Romani, inspirada na obra teatral homónima de Alexandre Soumet. Baseada no mito de Medea, o drama, protagonizado pola sacerdotisa Norma e o procónsul romano Pollione, transcorre nas Galias durante a época do Imperio Romano. Estreouse no Teatro alla Scala de Milán en 1831 e foi unha das obras destacadas do bel canto do s XIX.