Norodom Sihanuk
Rei de Camboxa (1941-1955; e desde 1993), neto de Norodom I. Subiu ao trono en 1941, pero despois de conseguir a independencia de Francia en 1954, abdicou (1955) no seu pai, Norodom Suramarit, para ser o primeiro ministro. Morto seu pai (1960), renunciou á coroa e pasou a xefe de estado. En 1970 foi deposto por un golpe de estado dirixido polo xeneral Lon Nol e refuxiouse en Pequín, onde formou un goberno no exilio. Ao rematar a Guerra Civil (1975) foi nomeado de novo xefe de estado, pero dimitiu (1976). A raíz da ocupación do seu país por parte de Vietnam (1978) exiliouse a China e a Corea do Norte. En 1982 chegou a presidente do goberno de coalición de Kâmpuchéa Democrática, recoñecido pola ONU. En setembro de 1990 foi elixido presidente polo Consello Nacional que había de realizar a transición de Kâmpuchéa á democracia. En novembro de 1991 retornou a Camboxa e foi proclamado novamente rei en 1993.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Phnom Penh