Noroeste, El

Noroeste, El
[PUBLIC]

Xornal publicado na Coruña a partir de 31 de decembro de 1896. Cesou en 1919. De carácter católico-rexionalista, foi fundado por Xosé Lombardero e dirixido por este, Xosé Pan e Xosé G. Acuña, sucesivamente. Cun claro interese pola cultura e a literatura, centrouse máis na poesía ca na prosa. Incluíu traballos inéditos e poemas de Risco. As colaboracións editáronse no suplemento literario “Nós. Páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste” aparecido entre o 17 de setembro de 1918 e o 20 de marzo de 1919. Entre 1917 e 1919 tamén incluíu outro suplemento literario “Terra a Nosa!” e logo “Bibrioteca popular galega” (a partir do 10 de febreiro de 1919), seguindo o obxectivo das Irmandades da Fala de promover unha literatura accesible ao público galego.

Palabras veciñas

Noroeste | Noroeste | Noroeste | Noroeste, El | Noroeste, El | Noroeste, paso do | Noroeste, Teatro do