Norte
Norte
Semanario publicado en Viveiro a partir de 1944. Cesou en 1945. Editado polo concello de Viveiro nos obradoiros tipográficos de Santiago Novoa, dirixiuno Luís Trasancos Ínsua. Incluíu información local, notas da xefatura do Movimiento Nacional e da Falange Española e disposicións oficiais.