Nós
Nós
Publicación aparecida en La Habana a partir de 1921. Cesou ese mesmo ano (nº 8). Subtitulada “Órgano da Xuntanza Nazonalista Galega d’Habana”, funcionou como voceiro deste grupo. Saíu cada mes baixo a dirección de Sinesio Fraga e contou coa colaboración de X. Arias Portela, Aurelio Selas, Camilo Díaz, Xabier Prado e Fuco Goméz, así como Villar Ponte e Paz Andrade desde Galicia. Foi a publicación máis radical da emigración, proclamando a identidade histórica de Galicia e o seu dereito á independencia. Posteriormente deu paso a Terra gallega.