Nosema
Nosema
[ANIMAL]
Xénero de protozoos, do filo dos microsporidios, que son parasitos de diversos insectos. O protozoo que ataca ao verme da seda (N. bombycis) produce a pebrina dos vermes da seda, e o das abellas (N. apis) parasita as abellas adultas.