Nosy Bé
Nosy Bé
Illa volcánica de Madagascar, situada no canal de Moçambique (290 km2; 25.000 h [1965]). A capital é Hell-Ville. Foi declarada protectorado francés en 1840. Ocupárona os franceses en 1841 e foi anexionada por Madagascar en 1896.