nota
(< lat nota)
-
s
f
Sinal ou marca escrita que se pon sobre algunha cousa para distinguila.
Ex: Púxenche unha nota para que souberas ata onde che imprimín o traballo.
-
-
s
f
Indicación que se pon nun documento como aclaración, explicación ou comentario para advertir o lector que consulte a anotación correspondente que, encabezada por un signo idéntico, atopará á marxe, ao pé da páxina ou á fin da obra ou de cada unha das súas divisións.
Ex: A nota ao pé do escrito aclaraba perfectamente o significado daquela expresión.
-
nota marxinal
Nota escrita ou impresa nas marxes laterais dun libro.
-
s
f
-
s
f
Breve comunicación escrita.
Ex: Deixeille unha nota avisándoa de que a chamaras.
-
s
f
Anotación esquemática daquilo que se le, escoita ou observa.
Ex: O alumno tomou nota das posibles preguntas do exame.
-
s
f
-
Cualificación que se dá por un exame ou avaliación.
Ex: A nota do segundo exame impediulle aprobar.
Sinónimos: puntuación. -
Cualificación alta nun examen ou avaliación.
Ex: Ese rapaz é o que saca máis nota na clase.
Sinónimos: puntuación.
-
-
s
f
Factura global ou detallada de gastos.
Ex: O camareiro levoulles a nota inmediatamente.
-
[MÚS]
-
s
f
Signo gráfico que serve para representar cada un dos sons dunha composición musical e a súa duración.
-
s
f
Cada un dos sons dunha composición musical.
-
nota discordante
Nota que desentoa nun acorde ou nunha obra musical.
-
nota falsa
Nota equivocada producida por unha mala entoación ou un erro puntual dun intérprete dunha peza musical.
-
s
f
-
-
s
f
Elemento que contrasta co resto do conxunto.
Ex: A nota simbólica do acto chegou cando plantaron unha árbore na honra do falecido.
-
nota discordante
Elemento que rompe a harmonía dun grupo ou conxunto.
-
nota dominante
Elemento ou característica máis destacada de algo.
-
s
f
-
s
f
Fama, sona ou reputación.
Ex: O meu veciño ten nota de lacazán no barrio.
-
s
f
[BIBLIOT]
Comentario aclarador do contido dun documento que o catalogador pon na ficha principal a continuación da descrición bibliográfica.
-
s
f
[DER]
Breve apuntamento, en dereito procesual, formado sobre os recursos de casación civil por infracción da lei.
-
s
f
[DER/HIST]
Asentamento ou nótula, entre os s XIII e XVIII, máis ou menos abreviado, das actas e contratos autorizados polos notarios, que estes rexistraban nos libros notariais.
-
nota diplomática
[DER]
Comunicación diplomática asinada que os axentes acreditados tramitan aos gobernos.
-
nota verbal
Comunicación diplomática, sen sinatura nin os requisitos formais, que a xeito de observación ou de recordo se dirixen entre eles os ministros de Asuntos Exteriores e os axentes acreditados.
-
notas da Igrexa
[RELIX]
Características que permiten discernir a verdadeira Igrexa fundada por Xesús Cristo, que son, tradicionalmente, a apostolicidade, a unidade, a santidade e a catolicidade.
Frases feitas
-
Dar a nota. Destacar algo ou alguén por presentar un comportamento inadecuado.
-
Tomar nota. Reter algo na memoria para telo en conta no futuro.