nova cançó
nova cançó
s
f
[MÚS]
Movemento musical, inspirado na chanson francesa, que apareceu na metade da década de 1950 en Catalunya coa finalidade de crear unha música contemporánea en catalán. As primeiras manifestacións xurdiron ao redor do grupo Els Setze Jutges, aínda que o movemento se consolidou coa aparición de músicos como J. M. Serrat, Pau Riba e Raimon na década de 1960, e de Maria del Mar Bonet e Lluis Llach na de 1970. O marcado carácter reivindicativo das súas composicións fixo que todos eles fosen perseguidos polo Franquismo.