Nova Inglaterra
Territorio oriental de EE UU, formado polos estados de New Hampshire, Massachusetts, Rhode Island, Connecticut, Vermont e Maine. Foi ocupado polos franceses en 1604, e en 1614 John Smith fixo unha exploración do territorio ao que denominou Nova Inglaterra. Non foi colonizada ata 1620, por emigrantes puritanos provenientes de Inglaterra, Escocia, Holanda e Massachusetts. A zona quedou baixo a influencia das colonias veciñas, pero acadou unha sólida organización puritana e gozou dunha ampla autonomía. Participou activamente na Guerra da Independencia (1775-1782) e acadou un lugar preeminente dentro da federación de EE UU. As guerras napoleónicas non pararon a expansión ata 1840, pero, en cambio, favoreceron un proceso de industrialización. Durante a Guerra de Secesión (1861-1865), Nova Inglaterra combateu pola Unión.