Nova Unión, A
Nova Unión, A
Publicación que apareceu nas Pontes de García Rodríguez a partir da primeira quincena de marzo de 1995 e que cesou probablemente no nº12. Subtitulouse “Periódico independente de As Pontes e comarca” e anunciouse como o continuador doutra publicación do mesmo nome. Dirixido por Nuria Corral e editado por KTR Edicións SL, tentou converterse no voceiro do concello e da devandita comarca. Nel incluíronse novas relacionadas coa política, a sociedade e a cultura das Pontes de García Rodríguez, así como os deportes e as festas gastronómicas.