Novo Folgueira, Paulino

Novo Folgueira, Paulino

Filólogo.   Lingüista da Radio Galega desde que comezou as súas emisións, ocupa a Xefatura de Formación e Selección da CRTVG. É executivo da Fundación Galicia Empresa, secretario da Fundación dos Premios da Crítica de Galicia e foi responsable do Arquivo Sonoro de Galicia (2001-2002), no Consello da Cultura, e director literario das editoriais Lea e Laverde. Colabora diariamente con pasatempos nos diarios El Progreso, Galicia Hoxe e Diario de Pontevedra, e semanalmente con artigos de literatura en El Correo Gallego. Publicou Vocabulario elemental do deporte (1988), Encrucillados (1998) e Dicionario de uso para a comunicación (1999), e coordinou o volume Obradoiro de Redacción (2000). En colaboración tirou do prelo Vocabulario galego da comunicación (1993) e Vocabulario do deporte (1998).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Meira