noz

noz

(

  1. s f [BOT/ALIM]

    Froito da nogueira, que constitúe un produto alimentario de primeira orde pola súa riqueza en aceites e graxas vexetais. Ten aplicacións culinarias e en pastelaría, e tamén son consumidas como froito seco. Das noces obtense aceite que se aplica na industria, especialmente na fabricación de xabón e de pintura, e en curtido.

  2. s f [BOT]

    Froito indehiscente, unilocular e monospermo, de pericarpio leñoso.

    1. s f [BOT]

      Nome que reciben os froitos doutras árbores que teñen unha certa analoxía coas noces.

    2. noz moscada / [ALIM/MED]

      Semente da árbore da noz moscada (Myristica fragans), que é moi apreciada como especia, da que se obtén tamén un aceite que se utiliza en farmacia.

    3. noz vómica [MED]

      Semente tóxica da árbore da noz vómica (Strychnos nux-vomica), que contén estricnina e brucina, alcaloides que se utilizan no tratamento de parálises e enfermidades nerviosas.

  3. s f [ANAT]

    Prominencia que forma a cartilaxe tiroide da larinxe na parte anterior do pescozo. OBS: Tamén se denomina mazá de Adán e nó da gorxa.

  4. s f [MAR]

    Parte da hélice dun navío pola que se fixa á árbore motora e da que saen as pas.

  5. s f [MÚS]

    Peza situada no extremo inferior do arco do violín e outros instrumentos análogos, que serve para tensar as cordas.

  6. s f [TECNOL]
    1. Peza ou parte dunha peza que forma unha prominencia semellante a unha noz.

    2. Peza de óso, de metal, ou doutro material duro, con forma de uña, que, disposta no medio do mastro da bésta, e accionable cunha chave, mantiña a corda tensa ata o momento de disparar.

    3. Peza troncocónica de metal cun burato no medio, que empregan os torneiros para suxeitar a peza que traballan.

    4. Peza cilíndrica e de madeira que serve de polea a certas máquinas de fiar ou de tecer.

  7. s f [QUÍM]

    Tipo de fixación dos soportes cilíndricos entre eles, que consiste nun corpo metálico cuns canais perpendiculares que serven para apertar e fixar os soportes.

  8. s f [IND]

    Defecto da cortiza que consiste nunha concreción leñosa ou nun gromo non saído, que dificulta a manipulación industrial.