Nuevo Heraldo

Nuevo Heraldo

Semanario publicado na Guarda a partir do 30 de xuño de 1934. Cesou o 18 de xullo de 1936. Apareceu cos subtítulos “Semanario republicano independente” e “Periódico defensor del agrarismo. Informaciones-Deportes-Política”. Dirixido por Xoán Noya Gil, foi de tendencia republicana e liberal, con concesións ao galeguismo. Incluíu artigos en galego, sobre todo información política e artigos a favor da Autonomía. Nos primeiros números apareceu o Chipi-chipi. Periódico satélite. El único semanario que se regala, con poemas e pasatempos en ton humorístico.