Nuevo Támega
Nuevo Támega
Semanario publicado en Verín a partir do 25 de decembro de 1902. Cesou en xullo de 1936. Subtitulouse “Periódico semanal” e, durante a Segunda República, “Semanario republicano independiente”. O fundador, director e propietario foi Lino García Vázquez, dono dos obradoiros tipográficos onde se imprimiu, aínda que en 1915 Manuel Pérez ocupou a dirección. De carácter informativo, foi o substituto de El Támega. Incluíu información local, novas culturais e notas internacionais. A súa tendencia variou do conservadorismo ao apoio á República.