nulo -la

nulo -la

(< lat nullu)

  1. adx

    Que non ten ningunha validez ou forma legal.

    Ex: O contrado foi declarado nulo.

  2. adx

    Que non ten habilidade para realizar unha actividade determinada.

    Ex: Era un profesor nulo para explicar as matemáticas.

  3. adx

    Que é reducido á nada e polo tanto deixa de existir.

    Ex: O seu nulo rendemento fixo que o expulsaran do grupo de traballo.

  4. adx [DEP]

    Aplícase á proba, exercicio ou intento que é declarado non válido.

  5. adx [DEP]

    Aplícase ao combate de boxeo en que ningún dos boxeadores é declarado gañador.

  6. adx [MAT]
    1. Que vale cero.

    2. Aplícase á matriz da que todos os elementos son cero.

    3. Aplícase á sucesión de números que teñen por límite cero.

Palabras veciñas

nulisómico -ca | Nullán | Nullán | nulo -la | Numa Pompilio | Numancia | numantino -na