numeral

numeral

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao número.

  2. adx

    Que expresa ou representa un número.

  3. s m [LING]

    Clase de palabras que indica un número determinado de unidades (cardinais), a orde ou situación nunha serie (ordinais), a fracción exacta dunha unidade (partitivos), o resultado dunha multiplicación (multiplicativos) ou un colectivo cun número exactamente determinado de elementos (colectivos). En canto á súa función, poden actuar como substantivos (cinco por dous son dez, unha ducia de ovos). A representación escrita dos numerais pode facerse con letra, pero é costume  que se faga con ideogramas arábigos ou, menos habitual, romanos: 1, 2, 3...; I, II, III...; ordinais: 1°, 2°, 3°... (tamén en romanos); fraccionarios: 1/2, 1/3, 1/4... As cantidades tamén se pode expresar lexicamente, mediante as unidades do sistema métrico decimal (de peso, capacidade e medida) ou mediante outras unidades como cullerada, cunca e feixe.