Núñez de Balboa, Vasco

Núñez de Balboa, Vasco

Descubridor e navegante. En 1500 embarcouse na viaxe de Rodrigo Bastidas, con quen percorreu a costa atlántica da actual Colombia. Ao regreso estableceuse na illa de La Española ata 1510, cando embarcou como polisón nun dos barcos da expedición de M. Fernández de Enciso e fundou San Sebastián de Uraba e Santa María de Antigua del Darién, a primeira cidade fundada no continente americano. Instalado alí, converteuse en lugartenente do vicerrei Diego Colón. En 1513 organizou unha expedición coa que conseguiu, por primeira vez, cruzar o istmo de Panamá, que eles bautizaron como mar do Sur, primeira denominación do Océano Pacífico. En 1514 foi nomeado adiantado do mar do Sur e gobernador de Panamá. Ese mesmo ano comezou o enfrontamento co novo gobernador de Darién, Pedrarias Dávila. De regreso a Darién, foi detido, acusado de traidor, de múltiples abusos e da morte do gobernador Diego de Nicuesa, e finalmente foi condenado a morte.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Jerez de los Caballeros, Badajoz

  • Deceso

    Lugar : Acla, Panamá