Núñez Feijóo, Alberto
Político e xurista. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (1991) e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde. Foi secretario xeral de Asistencia Sanitaria do Ministerio de Sanidade e Consumo (1992-1996). En 1996 trasladouse a Madrid para formar parte do goberno de José María Aznar, co que desempeñou os cargos de presidente executivo do Insalud (1996-2000) e presidente de Correos e Telégrafos SA (2000-2003). En 2003 volveu a Galicia e foi nomeado conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e en 2004 vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia. Despois da retirada de Manuel Fraga, é elixido presidente do PPdeG no seu XIII Congreso (2006). No ano 2009 gañou as eleccións ao parlamento autonómico e converteuse en presidente da Xunta de Galicia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense