Nurejev, Rudolf Hametovich

Nurejev, Rudolf Hametovich

Bailarín ruso. En 1955 ingresou na escola de ballet do teatro Kirov de Leningrado e anos despois converteuse no primeiro bailarín da compañía. En 1961 exiliouse da URSS e adoptou a nacionalidade británica (1962), e posteriormente a austríaca (1982). Membro do Royal Ballet of London (1962), actuou por todo o mundo coa súa parella Margot Fonteyn. Dotado dunhas calidades excepcionais e cunhas dotes interpretativas moi líricas, está considerado como un dos mellores bailaríns de todos os tempos. Foi director do Ballet de l’Opéra de París (1983-1989) e das súas producións destacan O lago dos cisnes (1964) e Manfred (1977). Protagonizou varias películas, como   Don Quijote (1973) e Exposed (1983). Recibiu o Premio Nijinski (1964).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Irkutsk, Siberia

  • Deceso

    Lugar : París