Nūrī, Mīrzā usayn ‘Alī
Nūrī, Mīrzā usayn ‘Alī
Líder relixioso iraniano. Coñecido como Bahā’ Allāh (‘esplendor de Deus’), foi deportado a Bagdad, acusado de atentar contra o xa en 1852. Presentouse como o salvador anunciado por Bāb (1863) e enfrontouse con Y. Nūrī, irmán seu, designado sucesor polo mesmo Bāb. Conseguiu numerosos adeptos e a partir del o babismo tomou o nome de bahaísmo. As desordes político-relixiosas que provocaron as súas doutrinas motivaron que fose enviado a Istambul e Edirne en 1864, e máis tarde a Acre, onde morreu. Publicou unha centena de volumes, dos que destaca Kitāb al-aqtas, dividido, como o Alcorán, en suras e versículos, e escribiu cartas aos gobernantes de todo o mundo para instalos a desenvolver un sistema internacional de dereito e goberno.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Teherán -
Deceso
Lugar : Acre