Nyköping

Nyköping

Capital do län de Södermanland, Suecia, porto do Mar Báltico, situado na desembocadura do Nykipingsån (49.063 h [estim 2000]). Conta con industrias de antiga tradición de ferro e de latón. Destaca a produción de fariñas, a industria téxtil e a fabricación de mobles. Conserva ruínas restauradas do castelo de Nyköpingshus e a igrexa de San Nicolao.