Nyman, Michael

Nyman, Michael

Compositor, instrumentista e musicólogo. A súa obra reflicte o seu gusto polo minimalismo, sobre todo nas combinacións de estruturas rítmicas repetitivas con músicas do Renacemento e do s XIX. Insatisfeito coas tendencias ortodoxas do modernismo internacional, Nyman deixou de compoñer en 1964 e dedicouse á musicoloxía para a edición da música de Purcell e Haendel. En 1977 fundou a Campiello Band, que máis tarde cambiou o seu nome polo de Michael Nyman Band, e coa que creou un estilo compositivo baseado en fortes melodías, ritmos flexibles e directos, e cunha execución de conxunto moi precisa. Compositor de obras escénicas como The Man Who Mistook His Wife For a Hat (1986), realizou numerosas bandas sonoras, das que cómpre salientar as dos filmes The Draughtman’s Contract (1982), Prospero’s Books (1991), The Piano (1993), Ravenous (1999) e Luminal (2004).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres