Oz, ‘Amos
Oz, ‘Amos
Escritor hebreo. De nome Amos Klausner, as súas obras mostran a miúdo os conflitos que provoca o feito de querer conxugar cunha orde racional a desorde da vida e o mundo. Escribiu tamén numerosos artigos onde demanda o recoñecemento dos árabes de Palestina. Das súas obras destacan os contos e novelas Outro lugar (1966), Terras do chacal (1965), O meu Mikhael (1968), Ata a morte (1971), Toca a auga, toca o vento (1973), Unha paz perfecta (1982), Caixa negra (1987), Non o digas de noite (1994), o ensaio Israel, Palestina e Paz, (1994) e El mismo mar (1998). Recibiu o Premio Brenner de Literatura (1978).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Xerusalén