O Facho, Agrupación Cultural

O Facho, Agrupación Cultural

Asociación política e cultural fundada na Coruña en 1963 que ten como obxectivos fomentar o estudo da cultura galega e a dos pobos afíns. Desenvolveu unha importante actividade galeguista coa celebración de conferencias impartidas por relevantes intelectuais, cursos de galego, realización de programas de radio e colaboracións en prensa. Así mesmo, destacou o seu activo labor teatral, coa creación do Grupo Independente de Teatro, posteriormente denominado Grupo de Teatro O Facho. En 1972 creou un concurso teatral co obxectivo de axudar ao desenvolvemento dun teatro infantil en galego. Dos seus fundadores e membros históricos destacaron H. Harguindey Banet, Andrés Salgueiro, Leopoldo Rodríguez, López Meneses e Miguel Anxo Fernán-Vello.