Oakland

Oakland

Cidade do estado de California, EE UU, que forma parte da aglomeración de San Francisco (399.484 h [2000]). Está situada ao L da baía de San Francisco e ocupa a chaira que se estende desde a baía ata a Cordilleira da Costa. É un porto importante e un núcleo industrial destacado en metalurxia, industria química, da madeira e alimentaria, e na refinaría de petróleo.