obesidade

obesidade

(< lat obesĭtāte)

s f [PAT]

Acumulación excesiva de graxa, que provoca un aumento do peso corporal. Considérase que comeza a haber obesidade cando o individuo ten un exceso de peso superior ao 10-15% do que teoricamente lle corresponde, considerando os factores condicionantes de raza ou sexo. Segundo a súa etioloxía, a obesidade pode dividirse en constitucional, sintomática esóxena (consecuencia da sobreinxesta e do sedentarismo) e sintomática endóxena (orixinada por trastornos endócrinos e metabólicos). Entre os perigos que reporta, está o dunha incidencia maior de diabete, un aumento da frecuencia de hipertensión arterial e un claro aumento da mortalidade.

Palabras veciñas

Oberón | Oberón | Oberth, Hermann Julius | obesidade | obeso -sa | obi | Obi