Obi

Obi
Nome científico: [ruso: Ob’]

Río de Siberia Occidental, Rusia, formado pola confluencia dos ríos Bija e Katun’, en Altai, e desemboca no golfo de Obi, no mar de Kara. Ten unha lonxitude de 3.650 km. As condicións físico-xeográficas da conca do Obi varían desde o semideserto, ao S, ata a tundra, ao N, estando unha gran parte cuberta de fragas e pantanos. Aliméntase principalmente da neve. Na súa conca concéntranse diversas riquezas naturais, como petróleo, gas, carbón e a metade das reservas de turba do país, o que converte a Siberia Occidental nun lugar destacado en Rusia. É a arteria esencial de transporte de Siberia Occidental, xa que é navegable en toda a súa lonxitude. Os afluentes máis importantes son o Vas’ugan, o Jugan, o Irtyš, o Čumyš, o Tym e o Čulym, entre outros. As cidades principais situadas na súa conca son Barnaul, Novosibirsk, Tomsk, T’umen’, Tobol’sk, Pavlodar e Salekhard.