oblato -ta

oblato -ta

(< lat oblātu)

  1. adx e s [HIST]

    Que ou quen se ofrecía a unha comunidade relixiosa en calidade de servo, sacrificando a súa liberdade ou os seus bens para a salvación da súa alma.

  2. adx e s [HIST]

    Aplícase ao soldado, xeralmente impedido, que era recollido e mantido por unha comunidade relixiosa de padroado real.

  3. adx e s [RELIX]

    Aplícase ao rapaz ofrecido polos pais a un mosteiro para consagralo a Deus ou para que fose educado no mosteiro, na Idade Media. Máis tarde aplicouse o termo aos laicos que habitaban nun mosteiro ou que tiñan relación con el.

  4. [RELIX]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ás congregacións relixiosas dos oblatos.

    2. s

      Membro da Congregación de San Francisco de Sales. Foi fundada por María de Sales Chappuis, inicialmente como unha congregación feminina pero en 1874 Luis Brisson creou a masculina. A súa función principal centrouse na educación e no coidado espiritual da xuventude obreira.

    3. s

      Membro da Congregación de Oblatos de María Inmaculada, fundada en Marsella en 1816. Dedicouse especialmente ás actividades misioneiras en América do Norte, África, Asia e Oceanía.

Palabras veciñas

1 oblata | 2 oblata | oblativo -va | oblato -ta | oblea | oblicuángulo -la | oblicuar