oblea
oblea
(< fr antigo oublée < latoblāta)
-
s
f
Folla moi fina de masa de fariña e auga que se utiliza para facer as hostias.
-
s
f
Lámina moi fina feita con fariña, sal e auga, que se utiliza para elaborar diversos doces.
-
s
f
[HIST]
Folla moi fina dunha masa de fariña e auga cocida que, dividida en anacos redondos ou cadrados, servía para cerrar cartas.
-
s
f
[MED]
Folla moi fina de masa de fariña que serve para encapsular un medicamento e facelo máis doado de tragar.
-
s
f
[FÍS/TECNOL]
Disco moi fino, cortado dunha barra cilíndrica monocristalina de silicio ou granate, que se utiliza como substrato para a fabricación de circuítos integrados. Unha vez construídos, córtase o disco nun certo número de dados cadrados (chips), e cada un deles contén un circuíto integrado individual.