Obradoiro
Obradoiro
[PUBLIC]
Xornal publicado en Ourense a partir de febreiro de 1975. Subtitulouse “Voceiro obreiro de Ourense e a súa comarca”. De tendencia nacionalista, foi editado por un sector de traballadores próximos á Unión do Pobo Galego (UPG). Baixo o lema “Pola unión dos traballadores galegos”, avogou pola creación dun sindicato galego único. Editouse durante pouco tempo pois os seus promotores integráronse dentro do Sindicato Obreiro Galego (SOG).