Obradoiro

Obradoiro
[PUBLIC]

Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de xuño de 1978. Baixo o subtítulo “Revista de Arquitectura. Colexio de Arquitectos de Galicia”, funcionou como voceira desta entidade. Dirixida por Juan González Cebrián, o seu consello de redacción estivo composto por Xosé L. Martínez Suárez, Justo G. Beramendi, Pedro de Llano, Xerardo Estévez e Manuel Castro Vila. Incluíu colaboracións literarias asinadas por Antón Baamonde, Manuel Rivas, Lois Diéguez, Manuel Guede, Suso de Toro, Miguel Á. Garcés, Paco Pestana ou Xurxo Souto.