Obradoiros Nacionais

Obradoiros Nacionais

Entidade de produción creada en París polo goberno provisional revolucionario en febreiro de 1848, que se inspirou, aínda que desvirtuándoos, nos ideais sociais de Louis Blanc. Para combater a crise social e económica, os obreiros desocupados colocáronse en obras públicas pero o seu traballo estivo mal organizado e non foi rendible. A súa disolución en xuño do mesmo ano, ocasionou violentos enfrontamentos.