Obrero Galaico, El

Obrero Galaico, El

Semanario publicado na Coruña a partir do 6 de maio de 1866. Cesou o 14 de xullo dese ano. Subtitulado “Periódico semanal de Literatura, Ciencias y Artes”, foi fundado e dirixido por Feliciano Salgado. Na súa redacción colaboraron Froilán de Salazar e Eduardo de Zalbidea. Incluíu contos, crónica local, divulgación científica ou poesía. O seu obxectivo era o de educar, instruír e moralizar as clases obreiras, publicando artigos doutrinais e literatura.