O’Brien, William

O’Brien, William

Político, xornalista e patriota irlandés. Editou o semanario United Ireland (1881), xornal que foi suspendido polas autoridades e O’Brien encarcerado. Liberado en 1882, volveu dirixir a revista e foi elixido membro da Cámara dos Comúns (1883). En 1898 fundou a United Irish League e en 1910 a All-for-Ireland League, da que moitos seguidores pasaron ao partido Sinn Féin ao remate da Primeira Guerra Mundial.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Mallow, Cork

  • Deceso

    Lugar : Londres