obriga

obriga

(< obrigar)

  1. s f

    Feito de estar obrigado alguén a facer algo.

    Ex: A policía ten a obriga de velar pola seguridade cidadá.

    Sinónimos: obrigación.
  2. s f

    Aquilo que alguén debe facer.

    Ex: Teño que cumprir coas miñas obrigas como presidente.

    Sinónimos: obrigación.
  3. s f

    Favor que se debe a alguén en correspondencia por algún beneficio que se obtivo.

    Ex: Ten moitas obrigas pendentes cos seus amigos.

    Sinónimos: obrigación.
  4. s f

    Documento en virtude do que unha persoa pode esixir algo a outra.

    Sinónimos: obrigación.
  5. s f [DER]
    1. Deber xurídico de calquera clase.

      Sinónimos: obrigación.
    2. Situación xurídica en que o acredor ten un dereito de crédito que lle permite esixir ao debedor unha determinada conduta de contido patrimonial, que consiste en facer, deixar de facer ou librar algunha cousa. As obrigas teñen orixe nas disposicións da lei, no acordo dos interesados, nos delitos e nas actuacións neglixentes ou imprudentes. En caso de incumprimento do deber por parte do debedor, este responde co seu patrimonio, pero non coa súa persoa. As obrigas que nacen do pacto entre as partes reciben o nome de contrato. Hai obrigas das que non se pode esixir o cumprimento coactivamente, pero que son moralmente esixibles e poden producir consecuencias xurídicas: obrigas naturais como pagar os xuros non pactados expresamente. Entre as máis importantes están a obriga alternativa, en que existen dúas ou máis prestacións pero só é necesario que o debedor cumpra unha; a obriga específica, en que a prestación ten como obxectivo unha cousa ou un servizo concreto e determinado individualmente; a obriga xenérica, onde o obxecto da prestación está determinado pola súa pertenza a unha categoría homoxénea nos elementos que a compoñen; a obriga mancomunada, en que, existindo unha pluralidade de debedores ou de acredores, cada un deles responde da súa propia cota; e a obriga solidaria, en que, aínda que existe unha pluralidade de acredores ou de debedores, cada un dos acredores ten dereito a esixir a totalidade da débeda ou cada debedor está obrigado a cumprir a totalidade da prestación. OBS: Tamén se denomina obrigación.

  6. s f [DER/ECON]

    Título que representa unha parte do capital que pide prestado unha sociedade financeira, industrial ou comercial. Este crédito toma a forma de préstamo a longo prazo, e as obrigas como representación dunha parte alícuota deste poden ser negociadas en bolsa. As características que as diferencian das accións son fundamentalmente o feito de percibir uns xuros fixos e a calidade acredora á que acceden os posuidores de obrigas. O atractivo principal das obrigas no mercado de capital é a seguridade e a certeza da súa retribución. Adóitase emitir obrigas con cláusulas específicas que prevén primas suplementarias ou a variación do índice xeral de prezos, así como a das denominadas obrigas convertibles en accións. OBS: Tamén se denomina obrigación.

  7. obriga de pagamento [ECON]

    Título ou valor en que se fai constar a promesa de pagar unha certa cantidade de cartos á persoa que resulte ser o seu posuidor lexítimo, nun determinado vencemento.

  8. obriga de pagamento de empresa [ECON]

    Instrumento financeiro, que é emitido a desconto sobre o seu importe nominal, normalmente mediante poxa, por grandes empresas non financeiras e que non ten por finalidade a obtención de fondos para a tesouraría. A emisión pode ser feita directamente pola empresa ou a través dun establecemento financeiro.

Refráns

  • Cousa que se fixo por forza, non se ten por cousa boa.
  • Has facer o que debes e non o que queres.
  • O boi turra do arado, mais non é do seu agrado.

Palabras veciñas

Obrero, El | Obrero, El | Obrero, El | obriga | obrigábel | obrigable | obrigación