obrigado -da
obrigado -da
(< lat obligātu, p p de obligāre)
-
p reg
de obrigar ou obrigarse.
-
adx
Que implica obriga.
Ex: O casco é de uso obrigado para os motoristas.
-
adx
Que se impón segundo as circunstancias e as necesidades.
Ex: Pasar polo mosteiro é case unha visita obrigada.
-
adx
[BIOL]
Que está limitado a un modo de vida ou acción.
-
s
m
[MÚS]
Parte dunha peza musical que o músico solista toca ou canta como principal acompañado polas demais voces ou instrumentos.
-
s
m
[HIST]
Persoa que se encargaba de abastecer a un pobo ou a unha rexión de certos produtos.