obtuso -sa

obtuso -sa

(< lat obtūsu)

  1. adx

    Que non é agudo e ten forma arredondada.

  2. adx

    Que carece de agudeza intelectual ou de sensibilidade.

    Ex: Ten unha mente obtusa e non creo que o entenda.

  3. adx [MAT]

    Aplícase ao ángulo máis aberto ca un ángulo recto.

  4. adx [BOT]

    Aplícase ao órgano laminar en que as marxes forman un ángulo obtuso no ápice.

Palabras veciñas

obturador -ra | obturar | obtusángulo -la | obtuso -sa | Obukhov, Nikolaj | obús | obvención